jueves, 28 de julio de 2016

Día 8 de Campa (27 de Xullo). Obradoiro de Galletas

Hoxe fomos un poco lambonas e lambóns e fixemos unhas deliciosas galletas. Dende a masa, ata a decoración, pasando polo moldeado todos os pasos para a súa elaboración fixémolos nós mesmas e mesmos.


Día 7 de Campa (26 de Xullo). Hamma Beads

Hoxe descubrimos unha nova técnica para fabricar imáns de nevera, broches ou chaveiros: os hamma beads ou pyssla. 

Primeiro fixemos un deseño colocando pequenos abalorios de plastico nunha plantilla e logo coa calor dunha plancha (manexada por unha monitora) fundense as pequenas peciñas de plástico e quedan unha bonitas e simpáticas figuras. 

A maioria de nos decantámonos por facer imáns para a nevera.


Día 6 de Campa (22 de Xullo). Twister + Lips Dub + ...

Neste venres estivemos xogando ó "enredos" ou máis coñecido como "twister", un xogo que nos ecanta e ó cal podemos estar xogando varias horas.

Ademáis os pequenos aproveitamos para rematar as nosas vaquiñas recicladas e as e os maiores estivemos preparando un lip dub.



Día 5 de Campa (21 de Xullo). Obradoiros de Reciclaxe (primeira parte)

Nesta nova xornada de campamento as pequenas/os e medianas/os fixemos unha vaquiña de cartón reciclado. E os maiores fixemos un tres en raia moi chulo, que nos serviu para botar as primeiras partidas no propio campamento.


jueves, 21 de julio de 2016

Día 4 de Campa (20 de Xullo). Xogando co Paracaidas

Aproveitando que o día estaba nubrado, pero que se estaba moi ben ao aire libre, saimos á Praza do Coído a xogar co paracaídas de cores.

Pasámolo moi ben e ademáis esta minisaída serviu para que moitas veciñas e veciños se nos achegasen e falasen con nós.



Día 3 de Campa (19 de Xullo). Brocheta de Froitas

Hoxe preparamos unhas deliciosas e saudables brochetas de froitas, realizando nós mesmas/os todos os pasos: lavado, pelado e troceado das diferentes pezas de froita: mazá, laranxa, melón, kiwi, sandía...

Ademáis realizamos xogos e actividades para aprender as virtudes e beneficios da froita. 



Día 2. Tuneando o Campa (18 de Xullo)

Nesta xornada adicámonos a decorar o espazo de campamento, poñendo un pouquiño de cor e de alegría ao Edificio de Servizos Múltiples, e facendo noso cada espazo. 

Ademáis aproveitando o gran talento das/dos artistiñas/os muxiáns creamos un lote de carteis ben chulos.


Día 1 de Campa (15 de Xullo)

Nesta primeira xornada adicámonos a presentarnos entre nós e tamén coas monitoras/es. Ademáis prestamos as actividades que se van a realizar nesta quenda. E xogamos, xogamos moito para ir creando un clima de confianza e coñecemento. 




martes, 19 de julio de 2016

Todas as Fotos do Campamento de Muxía 2016

Nesta ligazón iremos subindo todos os días as fotos que vaiamos facendo das diferentes actividades




TODAS AS FOTOS DO CAMPAMENTO MUXÍA 2016 (preme aquí)

Somos o Campamento de Muxía 2016

Ola, que tal, somos as e os integrantes dos Campamentos de Muxía 2016, que se están desenvolvendo todos os días en horario de 10 a 14 horas, aínda que con diferentes turnos de participación, concretamente da seguinte maneira:

- Grupo Peques: de 4 a 6 anos (de 10 a 12 horas)

- Grupo Cativxs: de 7 a 9 anos (de 10 a 12 horas)
- Grupo Nenxs: de 10 a 12 anos (de 12 a 14 horas)
- Grupo Mozxs: de 13 a 16 anos (de 12 a 14 horas)

Neste campamento imos facer unha manchea de actividades moi divertidas (xogos, grandes xogos, obradoiros, saídas, deportes, artes, cociña, teatro, contacontos...) pero todas elas cunha perspectiva de xénero, sensibilizando na igualdade entre nenas e nenos.